Ana Cabana falará do monte en man común en Castro de Rei dentro do ciclo Lambiscadas Científicas

LugoXa | TerraChaXa
A actividade está organizada pola asociación Amigos da Feira este domingo, ás 17.00 horas
lambiscadas-cientificas
7 Jun 2025

Este domingo, 8 de xuño, ás 17:00 horas, o Centro Cultural Xosé Manuel Carballo de Castro de Rei acollerá unha nova sesión do programa de divulgación científica Lambiscadas Científicas, impulsado pola USC.

A convidada desta edición será Ana Cabana, veciña de Pacios (Castro de Rei), doutora en Historia e profesora de Historia Contemporánea no Campus de Lugo da Universidade de Santiago. A súa intervención levará por título O monte é noso, e versará sobre a temática do monte en man común, unha realidade profundamente arraigada na historia e cultura galegas.

A actividade está organizada pola asociación Amigos da Feira de Castro de Rei e forma parte dun proxecto de divulgación científica que pretende achegar o coñecemento á veciñanza do rural dun xeito ameno e participativo.

A entrada é libre e agárdase unha boa acollida entre o público local interesado na historia, no territorio e na posta en valor dos bens comúns.

⚙ Configurar cookies
0.1581859588623