Ana Iglesias Lozano preside a nova comisión organizadora da Moexmu

TerraChaXa
Está comisión pecha a sétima rotación dos empresarios e empresarias que a organizan
comision-da-moexmu-na-entrega-de-distincions
4 Out 2024

A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu comezou no pasado mes de xullo coas súas reunións de traballo encamiñadas á celebración que terá lugar os vindeiros 4, 5 e 6 de abril do 2025. Nesta ocasión, as edicións a celebrar son a XLI da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, o XXXIX Concurso de Gando Frisón, a XXXIX Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e a XXIX Poxa de Gando Selecto.

Está comisión pecha a sétima rotación dos empresarios e empresarias que organizan á Moexmu.

Na reunión que tivo lugar o mércores 2 de outubro, decidiron que Ana Iglesias Lozano (Muimenta, 1979) sexa a Presidenta desta edición. Será a terceira vez que unha muller presida unha das comisións organizadoras, despois de Uxía Rodríguez Crecente (1998) e Pilar Morán Edrosa (2013).

Tamén se ampliou o prazo para apuntarse en Mercería Teresa, ata o vindeiro luns 7 de outubro, para acudir á entrega de V de Veciño Exemplar o vindeiro domingo 20 á Moexmu; (sairá un bus ás 12:00 horas dende a praza Maior de Muimenta).

0.10534811019897