Ana Romero: ''Temos ilusión e ambición por volver facer algo histórico''
A engranaxe das Guerreiras Laranxas aos poucos ponse a punto. Volveu ao traballo apostando polo gran bloque do I Copa de SM A Raíña, con Ana Romero na súa cuarta tempada de laranxa, unha das garantías baixo paus: “Temos moita ilusión e moita ambición por volver facer historia. O final da tempada deixounos as mellores sensacións posibles, co título en Burela, e iso fixo que volvamos con máis ganas aínda” explicaba a murciana, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez.
As pupilas de Julio Delgado xa cumpriron coa súa primeira semana de pretempoda: “Desde o primeiro momento estamos traballando moi duro, como estamos afeitas. O equipo está bastante ben e as incorporacións estanse adaptando moi ben” explicaba a 12 mariñá, facendo referencia ás súas novas compañeiras, Ale de Paz e Jenny Lores.
Optimismo, compromiso e novas aspiracións reflíctense nos ollos de Ana Romero. “Quero seguir avanzando, aprendendo e superándome, como levo facendo tempada tras tempada. Espero conseguir novos títulos e novos retos” confesaba a porteira, cun gran latexo nas posibilidades e metas do Pescados Rubén de Primeira RFEF: “Temos o obxectivo claro, fame de gañar e aptitude. A clave deste equipo creo que está no equilibrio. Somos un equipo moi compensando, temos un pouco de todo, e sobre todo temos as cousas moi claras” puntualizaba a laranxa.