Ana Sastre e Fernández Abella serán homenaxeados na Festa da Afirmación e Dignidade
A Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos celebrarán este sábado 25 de setembro un ano máis a Festa da Afirmación e Dignidade en colaboración co Concello de Meira, que acada xa a IX edición.
O acto, que se celebra no Pedregal de Irimia terá lugar ás 12.00 cunha ofrenda floral e a entrega das Mans de Irimia, obra do escultor meirego Manuel Pardo Lopez, a Ana Sastre, autora das Virxes do Camiño, e ao poeta Xoán Xosé Fernández Abella. Na súa honra falarán Francisco Pardo Teijeiro e Mero iglesias, respectivamente.
Tamén farase lectura conxunta do Manifesto da Afirmación e Dignidade polas persoas presentes e dos comunicados por parte dos distintos colectivos presentes, da autoría de Baldomero Iglesias Mero.
Este ano tamén compartiranse simbolicamente manifestos e proclamas de distintos colectivos da defensa da liberdade, da natureza e reinvidicacións da Asociación Avelino Díaz. Esta celebración anual reivindica o simbolismo e a paisaxe do Pedregal “e o nacemento do pai dos nosos ríos”.
O apartado musical estará ao cargo do gaiteiro Raúl Galego para rematar co canto do Himno Galego.
Farase ao pé da ara de Prisciliano, obra de Xosé Val Díaz
Haberá un xantar ao finalizar o acto. Os interesados en participar nel deberán apuntarse no teléfono 646 413 890 y preguntar por Alfonso.