Andrea Blanco gañou o concurso de fotografía Muller Rural da Pastoriza

TerraChaXa
A fotografía gañadora deste III Concurso Muller rural, rematou este ano distinguindo a imaxe de Andrea Blanco, Recompensa do bo facer.
concurso muller rural pastoriza portada
22 Out 2021

A fotografía gañadora deste III Concurso Muller rural da Pastoriza, rematou este ano distinguindo a imaxe de Andrea Blanco, Recompensa do bo facer.

As fotografía escollida ten un toque emotivo "polo agarimo que se transmite entre bisavoa e bisneta", recollen dende a organización. Participaron un total de 68 fotografías nas que se recolle que "somos, sodes mulleres valentes, loitadoras, traballadoras que sacaron e seguen a sacar adiante xeracións e familias co seu esforzo diario. Sen elas, o noso mundo non se sostén".

"Dende a Área de Muller e Igualdade do Concello de A Pastoriza, agradecemos todas e cada unha das fotos que enviásteis para participar, xa que cada unha delas ten moitas mulleres e historia tras de sí, e esa é a única esencia do que quere este concurso: visibilizar e tamén que nos miremos de fronte entre mulleres; todas diversas, todas distintas, cun fío conductor común: vivir e manter viva unha contorna rural", explicaron.

muller rural fotografia ganadora
0.21336698532104