Andrea Fernández Maneiro gaña a 50 edición do Certame Literario de Vilalba
Andrea Fernández Maneiro é a gañadora da 50 Edición do Certame Literario do Concello de Vilalba coa obra Meridiano Orixe - A raposa que anda aos girlhos.
Baixo a presidencia da Concelleira de Cultura Tamara Rodríguez e actuando como secretaria a técnico de Cultura Sonia García Paredes, o xurado formárono a escritora vilalbesa Cecilia Fernández Santomé; Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, catedrático de Historia; Xulio Xiz, xornalista; e Fidel Fernán, director do grupo de Radio Principal.
Andrea Fernández Maneiro, nada en Carril-Vilagarcía de Arousa (10/2/64) é locutora de radio "de vocación e profesión". Traballou na Cadena Ser, na Radio Galega e varias municipais, mais agora só exerce moi de cando en vez e "padece do mono das ondas de xeito persistente", logo de máis de quince anos de deixalo.
O seu hábitat natural é a poesía, en letra e imaxe aínda que ás veces déixase levar polo microrrelato.
OBRA
- A lanterna de Vagalumes (conto), na antoloxía Tempos dixitais. Edición non venal.
- Delirium (poema) na antoloxía Volume II: A rebelión de Prometeo de Contos estraños.
- Caducifolio e Perennis (conto) na antoloxía E se a Terra Media fose Galicia (2018) do
Curtas Asociación Cultural. Edición non venal. - Álxia (poema) na Antoloxía Vide, paisaxe e fala. Florencio Delgado Gurriarán. Edición non
venal. - Proyecto Atlántico, Ediciones Venguerén, serie Sesos y tripas. (Antoloxía de poetas do
Atlántico, edición bilingüe) ISBN 978-84-09-13413-7 - Migratoria, Medulia Editorial (2020). ISBN 978-84-12-15467-2
- Edénicas (Editorial Caldeirón) ISBN 978-84-124-8494-6
- Contra-Tempos (Editorial Tristam) ISBN 978-84-124-8494-6. Edición non venal.
- Voto de silencio (Medulia Editorial) ISBN 978-84-124-8494-6
- Tango de xiro e traspé, poema incluído no libro colectivo Oroza 100, Asociación Cultural Évame Oroza. ISBN: 978-84-127833-0-88.
- Outras colaboracións en revistas dixitais.
PREMIOS
- Finalista co poemario Álxia no I Certame de poesía Florencio Delgado Gurriarán, 2018.
- Finalista do premio de microrrelatos das Mulleres Progresistas de Vigo, 2019
- Finalista co poemario Migratoria do VIII Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro
- 2º premio de microrrelatos de Mulleres Progresistas de Vigo, 2020
- 2º premio Vilariñas, 2020
- 1º premio co libro Inventario dun adeus. Expiatoria, da IX edición do Certame de Poesía
Manuel Leiras Pulpeiro, 2020. - 1º premio, co poemario Contra-tempos, do V Certame de Poesía Torre de Caldaloba, 2021
- 1º premio do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, co poemario Edénicas.
- 1º premio co libro Voto de Silencio do IV premio de poesía Eduardo Pondal.