Andrea Otero, distinguida como mellor manexadora na Moexmu

TerraChaXa
O segundo posto foi para Xabier Montes, de Rodeiro, Pontevedra, e o terceiro viaxou ata Castro de Rei, da man de María Otero
xovenes-manexadores-moexmu-premio
7 Apr 2025

A XXIV edición do Concurso de Xóvenes Manejadores, organizado polo Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia no marco da Moexmu, deixou como protagonista a Andrea Otero, da gandería Fontixón (Castro de Rei, Lugo), que foi recoñecida polo xurado, encabezado por Javier Freije, como a mellor manexadora do certame.

O segundo posto foi para Xabier Montes, representante de Casa do Rei (Rodeiro, Pontevedra), mentres que a terceira posición tamén viaxou ata Castro de Rei, da man de María Otero, igualmente da gandería Fontixón.

Este concurso non só destacou polo alto nivel técnico e o compromiso das persoas participantes, senón que tamén tivo valor puntuable dentro do Campionato Club Xóvenes Gandeiros de Galicia 2025. Así, os puntos sumados nesta xornada contarán para o cómputo xeral do campionato, que continúa a poñer en valor o traballo e a formación das novas xeracións no eido gandeiro galego.

⚙ Configurar cookies
0.16278100013733