Andu Pereira doa dúas obras á biblioteca de Guitiriz e deixa unha mensaxe

TerraChaXa
Pode lerse a nota no propio centro
doazon-libros-andu-pereira-guitiriz
Entrega dos libros
22 Jun 2024

A autora guitiricense Andu Pereira doou as súas obras Con el alma en penumbra e Palabras de auga y sal á biblioteca pública municipal de Guitiriz deixou unha nota para as lectoras e lectores.

"Os libros son a recompilación de poemas rescatados un a un da miña caixiña de mistos, onde cada un deles foi facéndose oco aos poucos, case sen querer, mentres eu ía vertiendo nel sorbitos de vida, uns doces e outros amargos, sazonados con pinceladas de fantasía, completando así un quebracabezas que comezou fai xa dezaseis anos. O primeiro foi froito da celebración do 10º aniversario do meu blog, e o outro o publiquei dous anos despois.

Neles reflíctense, a modo de espello, sentimentos, soños e pensamentos íntimos, escritos, uns, neses días nos que a alma está en penumbra, e outros, a corazón aberto ás caricias do sol, aderezados con palabras de auga e sal, con toda a gama de connotacións que encerran as bágoas vertidas, segundo o seu motivo, e sempre consciente da empatía que provocan".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18493294715881