Ángeles Prieto Calaza gañou o concurso de fotografía sobre a muller rural da Pastoriza

TerraChaXa
Representou a un grupo de rapazas do rural que no seu tempo libre xogan ao pádel
foto-ganadora-muller-rural-a-pastoriza
18 Oct 2025

A foto gañadora do VII Concurso de Fotografía foi a de Ángeles Prieto Calaza, que fotografiou a un grupo de rapazas do rural que no seu tempo libre xogan ao pádel; na pista atopan un espazo para compartir, superarse e rir xuntas. Porque ser do rural é moito máis que vivir no campo: é vivir con paixón.

Pola súa banda, o concello deu "millóns de grazas a toda a xente que participou coas súas correspondentes fotos", que foron un total de 26 as que entraron a votación nesta edición.

Por sétimo ano, co gallo do Día Internacional da Muller Rural, o Concello da Pastoriza apostou por visibilizar a través da fotografía as mulleres rurais, polo que volveu convocar o concurso Muller Rural da Pastoriza, no que foron os propios veciños os que votaron entre as propostas presentadas en redes sociais.

⚙ Configurar cookies
0.069547891616821