Anni B Sweet estará en abril nas Pontes

TerraChaXa
A cantante, compositora e músico malagueña ofrecerá un concerto no Auditorio Cinema Alovi das Pontes o 30 de abril ás 20:00 horas.
anni b sweet as pontes portada
9 Mar 2022

A cantante, compositora e músico malagueña Anni B Sweet ofrecerá un concerto no Auditorio Cinema Alovi das Pontes o 30 de abril ás 20:00 horas.

Anni B Sweet debutou no 2009 con apenas 18 anos. O seu folk melancólico e delicado colocouna na primeira liña nacional e dió o salto internacional. Tras anos de intensas xiras e 3 discos, a cantante foi evolucionando ata chegar a este cuarto álbum, que rompe de novo co que nos tiña afeitos. Con Universo por estrenar comeza unha nova etapa na carreira de Anni B Sweet na que alcanza un cume particularmente estimulante.

Un gran cambio – ou un paso de xigante - respecto dos seus 3 álbums anteriores, pois está composto integramente en castelán e lánzase ao pop perfecto de retrousos infecciosos con toques de neopsicodelia. Unha marabilla dunha nosas artistas máis internacionais.

Gravado entre Londres e Granada, masterizado en EEUU por Greg Calvi e en España por Ángel Luján, o álbum está producido por James Bagshaw, líder, cantante e produtor dos discos da banda británica Temples, e mesturado por Javier Doria. Contén 12 cancións de pop psicodélico, propulsado por sintetizadores de son retro no que, aínda que pervive na súa melodía esa herdanza dos 60s e 70s que nutriu as súas cancións desde o principio, deriva a territorios absolutamente contemporáneos que remiten a Tame Impala pero no que tamén hai espazo para preciosas baladas de dream-pop.

Toda a arte do disco corre a cargo do ilustrador e muralista mexicano Pogo, autor de portadas para Tame Impala, Ariel Pink, do cartel de Lollapallooza ou o último álbum de Zoé.

As entradas están á venda en www.tickentradas.com, e na taquilla do Auditorio o sábado 30 de abril de 19:00 a 20:00 horas.

0.11285781860352