Amigus organiza nas Pontes o campamento de verán tecnolóxico en agosto
A Asociación Amigus das Pontes presentou unha nova edición do seu campamento de verán de ciencia e tecnoloxía 2024, que este ano presentará dous cambios. Primeiro, que se traslada do habitual Lar ó local do pulpo, a carón do parque da Fraga, e tamén atrasa a súa celebración ata a terceira semana de agosto.
O campamento terá unha duración de 5 días, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas e as inscripcións poderán facerse dende o día 15 de xullo.
Como vén sendo habitual, as rapazas e rapaces entre 5 e 14 anos poderán descubrila ciencia na cociña, aprenderen interactivamente sobre botánica, ou descubrir sobre o cosmos no planetario inchable. Por suposto tamén programarán e montarán distintas placas de programación, farán experimentos ou mesmo manualidades. Ademais este ano contarán cunha actividade de realidade virtual e volverán convidalos á merenda.