Anunciados os gañadores do Concurso de Microrrelatos en Vilalba

TerraChaXa
O xurado estivo composto por destacadas figuras do ámbito literario e xornalístico
Imaxe recurso literatura
4 Jul 2025

A Concelleira de Cultura do Concello de Vilalba, Mónica González, anunciou os nomes das persoas gañadoras do Concurso de Microrrelatos organizado con motivo da celebración do Día do Libro 2025.

Na categoría infantil, o primeiro premio foi para Carmen López Tenreiro pola súa obra O Libro Máxico. O segundo lugar obtívoo Duarte Martiño Torrado con Enciclopedia Natural, e o terceiro premio foi para Lois Herva Rodríguez con A Casa. Os galardóns consisten nun lote de libros para os tres premiados e material escolar adicional para a gañadora.

Na categoría xuvenil, María Rodríguez Domínguez fíxose co primeiro premio grazas ao relato Segunda Hora, mentres que María Paz Miragaya recibiu o segundo premio por Humanidade. O terceiro premio quedou deserto. Os galardóns inclúen lotes de libros para ambas premiadas e, no caso da primeira clasificada, tamén un ordenador portátil.

Na categoría de adultos, o primeiro premio, dotado con 250 euros, foi para Sonia Corral Franco pola obra (Da) Nada. Jennifer Santín Vivero obtivo o segundo premio, dotado con 150 euros, polo microrrelato Equilibrio literario, mentres que Pablo Grande Estévez recibiu o terceiro premio, con 100 euros, pola peza Cando Chovía.

O xurado estivo composto por destacadas figuras do ámbito literario e xornalístico: a profesora e escritora Mercedes Queixas, a escritora e poeta Enma Pedreira, e a xornalista, docente e escritora Silvia Tasende. A presidencia recaeu na propia concelleira Mónica González, mentres que a secretaría correu a cargo da técnica de Cultura María Sonia García.

Desde o Concello de Vilalba felicitan a todas as persoas participantes e destacan a calidade das obras presentadas, así como a importancia de iniciativas como esta para fomentar a creatividade literaria en todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.16306900978088