Anuncian a renovación completa da vía que dá acceso aos Currás, en Distriz

TerraChaXa
O Concello actuou sobre toda vía co recargo e a nivelación das capas base e á súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica
renovacion-via-os-curras-distriz
15 Oct 2025

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou a renovación da vía de acceso ao barrio dos Currás, na parroquia de Distriz.

Trátase dunha moi agardada actuación que ven a darlle cumprida resposta ás demandas do barrio, logo de que hai un ano se deixara renovada a estrada que comunica Distriz con Codesido.

Concretamente, o Concello actuou sobre toda vía co recargo e a nivelación das capas base e á súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica.

Ademais a obra incluíu a limpeza de #cunetas co fin de aumentar a vida útil da vía.

⚙ Configurar cookies
0.069888830184937