Anxo Moure pregoará o Festival de cine de Roca

TerraChaXa
Anxo Moure será o pregoeiro do X Festival de Cine de Roca, que terá lugar os días 6, 7, 8 e 9 nesta localidade de Guitiriz.
anxo moure pregon festival musica de cine de roca
28 Xuño 2023

Anxo Moure será o pregoeiro do X Festival de Cine de Roca, segundo avanzou a comisión organizadora do evento, que terá lugar os días 6, 7, 8 e 9 nesta localidade de Guitiriz e que xa se sabe que ampliará as súas representacións ata a capitalidade.

Anxo Mouro é un recoñecido creador multidisciplinario, activista social e cultural, contador de historias, abrazador de árbores, un todoterreo rural. É fundador entre outras cousas do Cinema Palleiriso.

O contacontos Anxo Moure ofrece unha experiencia cinematográfica singular na que o proxector está enmarcado en madeira de bidueiro e ao redor de 70 espectadores ocupan butacas de vellos cinemas galegos ademais do espazo do galiñeiro para o que foi adaptado un carro de vacas e alpacas como asentos adicionais.

A asociación Xermolos e os veciños de Roca organizan a décima edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca.

Hai dúas categorías, unha de curtametraxes galegas e outra de fóra de Galicia, cun premio en metálico en cada categoría de 100 euros e un trofeo a cargo dun artesán da comarca.

Ademais, dentro do programa, que se desvelerá nos próximos días, haberá tamén concertos, presentacións, xogos populares, roteiros e zona de acampada, xa que o festival dobra a súa duración xa que se amplía a catro xornadas.

Os gañadores desta edición recibirán uns trofeos elaborados para a ocasión, obra do artesán vilalbés Marcos Ladra. Por outra banda, o cartel anunciador deste ano é obra de María Ferreiro.

cartaz festival musica cine roca guitiriz
0.20019912719727