Aos xabaríns non lles gusta o fútbol

TerraChaXa
Está claro que aos xabarín non lles gusta o fútbol.
82f59170 22bb 4596 ad98 31db7bf04e91
18 Mar 2018

Está claro que aos xabarín non lles gusta o fútbol. Xa é a cuarta vez que fozan os terreos de xogo de Xermade. Os xabaríns entraron unha destas noites para seguir furando no chan e arrasar aínda máis o campo do Cazás. A desfeita foi aínda maior debido á intensadidade das chuvias dos últimos días, que deixaron o terro máis blando.

A primeira foi no pasado mes de novembro, no que o campo de fútbol lucía unha nova cara tras as obras de mellora realizadas durante o pasado verán. Tras esta incursión o Cazás reencheu como puido as fochas de 15 centímetros de profundidade con area. Despois seguindo unha crenza popular, os xogadores ouriñaron polas bandas, xa que o cheiro ou o pelo humano espanta ao porco bravo. 

Na segunda ocasión o estado no que quedou o terreo de xogo foi tal que o S.D. Cazás, equipo que milita na Terceira Autonómica, tivo que cambiar o seu lugar de celebración dos partidos a Momán. Días máis tarde, os xabarís destrozaban por terceira ocasión o campo do Momán, onde xoga o equipo de veteráns do mesmo nome, deixando ao Cazás nunha delicada situación á hora de disputar os seus partidos de Liga.

Ninguén sabe que é o que hai nestes terreos de xogo que tanto atrae aos porcos salvaxes, pero mentres tanto os veciños de Cazás e tamén os de Momán están pendentes de que a Xunta poda aportar algún investimento máis para poder refacer o campo.

Polo de pronto, o campo Municipal de Xermade acollerá un encontro amigable entre o Rácing Vilalbés e o CD As Pontes co obxectivo de recaudar fondos para poder reparar o campo donde xoga o Cazás. O partido, que nun principio ía celebrarse o 29 de marzo, foi aprazado sine díe xa que o As Pontes ten que xugar un partido adiado da liga regular.

0.20447087287903