Apatacón representa en Muras 'Por unha peseta'
A compañía de nova creación Apatacón, que vén da man da vocalista Faia Díaz (Coro Encaixe, De Vacas…) e a contadora Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique…) onde se xuntan por gusto e querencia investigando os límites e puntos de encontro das súas disciplinas de orixe para achegalos ata diluídos, representará este domingo, 9 de xaneiro en Muras, Por unha peseta.
Vero Rilo e Faia Díaz amósanos traballo onde voz narrada e cantada se achegan para narrar historias de vida recollidas no noso entorno e no universal. Unha peza narrada que nos achega a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente. Por unha peseta lévanos aos tempos dos nosos devanceiros, pero coa visión de hoxe, respectando os seus saberes, tradicións, historias e retranca. Moita retranca.
A representación terá lugar a partir das 17.30 horas na Casa do Médico.