O teatro de Buxiganga fará parada en Pol este sábado

Pol
TerraChaXa
O Centro Sociocultural de Mosteiro acollerá este sábado unha nova representación teatral, que nun principio estaba prevista para o mes de outubro.
7 Nov 2019

O Centro Sociocultural de Mosteiro acollerá este sábado unha nova representación teatral, que nun principio estaba prevista para o mes de outubro. Será polo tanto este sábado, 9 de novembro, ás 18.30.

Nesta ocasión a Asociación Cultural Abrente, das Nogais, fará desfrutar a todos os públicos da obra As pastillas de Farruco. A obra está dirixida ao público adulto e a entrada é de balde.

Esta actuación englobase no marco das actuacións de Buxiganga da Deputación de Lugo.

0.10940480232239