Aprazada a asemblea da asociación ribadense Amadores da Música

TerraChaXa | LugoXa
A asociación ribadense Amadores da Música aprazou a asemblea xeral extraordinaria de socios que estaba convocada para o día 14 de novembro no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo cun único asunto na orde do día: a presentación de candidaturas e a elección de nova xunta directiva.
21 Out 2020

A actual directiva de Amadores da Música, presidida por Elisa Álvarez Amor, tomou a decisión de suspender esa reunión atendendo ás indicacións do Concello para extremar as precaucións debido á pandemia da covid-19.

0.14547801017761