Aprazada a campaña Outonía e as actividades culturais das Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes, ante as últimas medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade e tras valorar as mesmas, decidiu, de mutuo acordo, coa Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes (Cohempo) aprazar a campaña de dinamización comercial e da hostalería, “Outonía.
balseiro explotacion
23 Out 2020

O Concello das Pontes, ante as últimas medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade e tras valorar as mesmas, decidiu, de mutuo acordo, coa Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes (Cohempo) aprazar a campaña de dinamización comercial e da hostalería, “Outonía. Petisca e merca preto de ti” prevista para a última fin de semana de outubro.
Elena López, responsable da área, apunta que “esta campaña é unha oportunidade para o sector polo que decidimos adiala, con vistas a poder realizala máis adiante, cando a condicións sanitarias sexan favorables e así esta iniciativa poida ter o retorno que tod@s esperamos”.
A campaña ten o obxectivo de dinamización o comercio da hostalería co obxectivo de impulsar dous sectores esenciais na economía local. A previsión era celebrala entre os días 29 de outubro e 1 de novembro, para que os comercios ofreceran descontos especiais e promocións e os locais de hostalería  diferentes tipos de petiscos onde os fungos e os cogomelos foran os principais ingredientes.
Ao abeiro desta campaña íanse sortear dous vales regalo por un valor de 200 euros entre aquelas persoas que fixeran catro compras e catro consumicións nos 50 establecementos ponteses adheridos á campaña, e outros dous vales regalo por valor de 100 euros entre a veciñanza e visitantes con dúas compras e dúas consumicións nos locais participantes, vales trocables nos comercios e locais que participan nesta campaña.
ACTIVIDADE CULTURAL
O Concello das Pontes, ante a evolución da situación sanitaria e ante as últimas medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade, decide aprazar as actividades culturais programadas ata o 4 de novembro.
O concelleiro responsable da área, Vicente Roca, apunta que “debido a estas medidas, o aforo vese reducido a un máximo de 60 persoas por actividade, esto dificulta que todas as persoas interesadas en asistir ás mesmas poidan facelo e polo tanto preferimos adialas ata dispoñer dun maior aforo para dar cabida ao público habitual destas actividades”.
O concelleiro tamén sinalou que “a nosa intención é manter as propostas e xa lles estamos buscando, coa colaboración das compañías, o acomodo noutras datas. Por outra banda traballamos xa na búsqueda de alternativas para poder continuar coa programación cultural en caso de que se manteñan este tipo de medidas sanitarias”.
ACTIVIDADES APRAZADAS
VENRES, 23 DE OUTUBRO
TEATRO
Excéntricas. Medida x Medida de Shakespeare
21:00 h. Auditorio M. Cine Alovi

SÁBADO, 24 DE OUTUBRO

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS
17:00 h. Raquel Queizás. A viaxe de Nano.
19:00 h. Fantasmas Familiares. Quico Cadaval.
Auditorio M. Cine Alovi

MÉRCORES 28 DE OUTUBRO

PRESENTACION LIBRO CONCHI PARDO
20:00 horas. Casa Dopeso

XOVES 29 DE OUTUBRO

XOVES NA BIBLIO
Carmen Domench. Contos para pasalo de medo
Sala Xeral da biblioteca. 18:00h

VENRES 30 DE OUTUBRO

TEATRO
BUTACA ZERO. Despois das ondas
21:00 h. Auditorio M. Cine Alovi

SÁBADO 31 OUTUBRO

DISCURSHOW
FACTORÍA PERIPECIENCIA “Código Sapiens”
12:00h. Casa Dr. Dopeso

SÁBADO 31 OUTUBRO

CONCERTO PRESENTACIÓN PRIMEIRO DISCO ASTRA
20:00 horas. Cine Alovi

DOMINGO 1DE NOVEMBRO

MÚSICA
Gallaecia All Stars
Auditorio M. Cine Alovi

pablo rivera
0.15479207038879