Aprazada a I Carreira Popular Concello de Castro de Rei

TerraChaXa
A
5 Dec 2017

A I Carreira Popular Concello de Castro de Rei prevista para o venres 8 de decembro foi aprazada trala denegación do permiso por parte da Dirección General de Tráfico (DGT) para o seu peche no horario da proba prevista para discorrer pola estrada provincial que une as localidades de Castro de Rei e Castro Ribeiras de Lea.

O Concello baralla agora fixar outra data a comezos de xaneiro do 2018 para a que aínda falta o pertinente permiso da DGT.

0.12683081626892