Aprazada a ruta de sendeirismo Miño-Eo de maio

TerraChaXa
Dada a situación de estado de alarma que se está a vivir e que o período de recuperación das actividades en grupo é aínda incerto, a organización veuse na obriga de aprazar a Ruta de sendeirismo Miño-Eo que estaba prevista para o domingo día 10 de maio deste 2020.
1
14 Abr 2020

Aseguran que "no momento en que poidamos fixar unha data segura e axeitada será comunicada como de costume por email, web, Facebook, prensa e carteis nos lugares de costume".

A intención é poder facela a finais do verán ou primeiros do outono, "pero de non ser posible nesa data deixaríase para a primavera do ano que vén", conclúen.

0.060703992843628