Aprazada a setembro a proxección en Vilalba do film 'María Solinha'

TerraChaXa
Tendo en conta a decisión que tomou o Concello de Villalba relativa á suspensión das actividades culturais que tiñan  programadas para esta fin de semana (cine na rúa, xogos populares…) o Instituto de Estudos Chairegos, "en coherencia coa referida decisión", suspendeu a proxección da película María Solinha, que tiña programada para o vindeiro martes, 28 de xullo, ás 22:30, na praza da Constitución.
Captura de pantalla 2020 07 22 a las 14.41.46
22 Xul 2020

Tendo en conta a decisión que tomou o Concello de Villalba relativa á suspensión das actividades culturais que tiñan  programadas para esta fin de semana (cine na rúa, xogos populares…) o Instituto de Estudos Chairegos, "en coherencia coa referida decisión", suspendeu a proxección da película María Solinha, que tiña programada para o vindeiro martes, 28 de xullo, ás 22:30, na praza da Constitución.

A nova data fixada para proxectar o film e na que tamén podrán contar coa presenza do seu director, Ignacio Vilar, será o 8 de setembro de 2020.

Esta proxección está organizada polo Instituto de Estudos Chairegos e a Vicepresidencia-Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, e coa loxística da produtora do film, Vía Láctea, organiza a proxección da película María Solinha, do director Ignacio Vilar.
Un afamado director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.

MARIA SOLINHA_SUSP
0.15005397796631