Aprazada a VI Ruta Btteiros Cova da Serpe

TerraChaXa
O club Btteiros Cova da Serpe de Guitiriz anunciou a cancelación de novo da VI Ruta que se ía celebrar como é tradicional no mes de setembro.
BTTEIROS COVA DA SERPE APRAZADA
10 Xul 2021

O club Btteiros Cova da Serpe de Guitiriz anunciou a cancelación de novo da VI Ruta que se ía celebrar como é tradicional no mes de setembro.

O obxectivo desta proba é realizar unha ruta polos camiños e montes do Concello, apta para todos os niveis, sen afán competitivo e co obxectivo de chegar ata os puntos míticos da contorna como a Cova da Serpe ou o pantano de San Xoán.

A organización decidiu suspender esta proba porque "aínda que afortunadamente a situación mellorou e os eventos deportivos son seguros, sempre temos o afán de facer da Ruta Btteiros Cova da Serpe un día de festa do BT , e, de celebralo este ano, quedaríanos un evento algo descafeinado".

"Por todo esto, esperamos reencontrarnos no 2022, que veñades a disfrutar dos cortafuegos e sendeiros de Guitiriz e saborear os avituallamentos", conclúen.

0.14491200447083