Aprazada ao 12 de setembro a I Milla das Estrellas, a carreira nocturna de Muras

A localidade de Muras contará este mes de setembro cunha nova actividade deportiva aproveitando o seu distintivo como concello starlight. Así, o día 12 do próximo mes terá lugar a I Milla das Estrelas Concello de Muras, que se celebrará a partir das 21.00 horas na praza do Concello e que foi aprazada da súa data inicial, o 16 de agosto.
Haberá competición para os máis pequenos, que sairán os primeiros e que se englobarán nas categorías de pitufos, Sub 10 e Sub 14 e que percorrerán 250, 500 e mil metros, respectivamente. Ás 21.25 horas será a saída da absoluta masculina e dez minutos despois da absoluta feminina. Nos dous casos teñen por diante un percorrido de 1.609 metros.
O prazo de inscrición para esta proba xa está aberto e ten como data final o 10 de setembro. Ten un prezo de 1 euros para os máis pequenos, de 2 para os outros dous grupos de menores e de 6 euros para os da absoluta. A inscrición farase a través da web ccnorte.com.
Haberá medallas para todos os pitufos que participen e para os tres primeiros clasificados no resto de categorías. Na absoluta tamén haberá trofeo e un agasallos para os gañadores.