Aprazan a toma de posesión dos predios en San Estevo e Pol

Pol
TerraChaXa
A Consellería do Medio Rural vén de anunciar que deixa sen efecto a toma de posesión dos novos propietarios sobre os predios resultantes do proceso de concentración parcelaria na zona de Santo Estevo de Pol, prevista para o día 1 de maio.
Captura de pantalla 2020 04 08 a las 15.49.38
30 Abr 2020

A Consellería do Medio Rural vén de anunciar que deixa sen efecto a toma de posesión dos novos propietarios sobre os predios resultantes do proceso de concentración parcelaria na zona de Santo Estevo de Pol, prevista para o día 1 de maio. Neste caso, fíxose a reorganización de 511 parcelas que pasaron a ser 152 predios pertencentes a 84 propietarios.

A toma de posesión quedou posposta para outra data, que será notificada aos propietarios de forma individual.

Os novos propietarios disporán dun prazo para a retirada de arborado para o que será necesario contar co permiso perceptivo do Servizo de Montes. Así mesmo abrirase o prazo para reclamar defectos na medición da superficie das fincas.

A Xunta lembra que as persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir ás persoas titulares das novas fincas o acceso ás mesmas para realizar a súa medición neste prazo de dous meses.

 

0.18979907035828