Aprobada a ampliación do centro de día de Guitiriz
TerraChaXa
Un convenio de colaboración co Concello de Guitiriz permitirá ampliar o centro de día municipal por un importe total de 71.825€.
24 Out 2021
A Xunta de Goberno da Deputación provincia aprobou diferentes colaboracións cos concellos da provincia por un importe conxunto superior aos 100.000€ para ampliar, mellorar ou manter os servizos públicos que ofrecen á veciñanza.
Neste sentido, Pablo Rivera deu conta da aprobación dun convenio de colaboración co Concello de Guitiriz para ampliar o centro de día municipal por un importe total de 71.825 euros, dos que a Deputación achegará 50.000, o que supón o 70% do montante total.
Trátase dun investimento que servirá para incrementar as prazas do centro chairego ata chegar, das 12 coas que conta na actualidade, a 20.