Aprobada a Copa Deputación de Fútbol Sala cun investimento de 17.000 euros

TerraChaXa | LugoXa
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, subliñou a participación feminina na competición, que premiará coas mesmas cantidades a campioas e campións A Xunta de Goberno aprobou a segunda edición da Copa Deputación de Fútbol Sala, unha competición en marcha que convoca 27 equipos da provincia: 9 femininos e 18 masculinos de distintas categorías senior.
23 sep 2019

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, subliñou a participación feminina na competición, que premiará coas mesmas cantidades a campioas e campións

A Xunta de Goberno aprobou a segunda edición da Copa Deputación de Fútbol Sala, unha competición en marcha que convoca 27 equipos da provincia: 9 femininos e 18 masculinos de distintas categorías senior.

A Área de Deportes inviste na organización da competición 17.000 euros, que se distribúen entre os clubs particpantes, en función dos encontros disputados, co que se apoia economicamente a estas entidades que promocionan o deporte na súa contorna xeográfica e que, no caso dos conxuntos femininos, contribúen tamén a dar máis espazo e visibilidade á muller no deporte.

Neste sentido, a Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, remarcou tamén que “os premios son iguais tanto na categoría feminina como masculina feminina. 1000 euros para o equipo campión, e 600 para o subcampión. Debería ser o habitual pero a miúdo vemos como os premios en valor económico e os recoñecementos son diferentes”.

EQUIPOS. FSF Castro, Vilalba FS, Monterroso FSF, Lieders Futsal, Concello de Begonte, UD Pastoricense, Korreos Guitiriz, Os Meigallos FS e Taboada Feminino son os conxuntos que participaron na competición feminina. 

O vindeiro 1 de novembro disputaranse as semifinais, Vilalba FS-Lieders Futsal e FSF Castro-Monterroso FSF.

Na categoría masculina competiron SD Xove, Prone Lugo AD, Ribeira FS, Santa Isabel Outeiro de Rei F.S., Praias de Barreiros, Vilalba FS, Concello de Begonte e CP Casás. As semifinais, que se xogarán tamén o 1 de novembro, serán Lugo Sala-Concello de Begonte e SD Xove-Vilalba FS.

0.099021911621094