Aprobada a moción contra as restricións de horarios de Abanca en Cospeito
Nun novo Pleno de trámite en Cospeito, foi aprobada por unanimidade da moción presentada polo PSOE pola que se pedía a Abanca que volvera ao horario completo da oficina na Feira do Monte, que deixou reducido o servizo a dous días á semana.
Esta medida de peche de servizos ou oficinas estase xeralizando en todas as pequenas localidades e no caso da Feira do Monte alegan que xa hai outra oficina en Muimenta.
Así mesmo, o PSOE volveu demandar información sobre cuestións de relevancia. Así, preguntou polo estado no que se atopa o trámite das axudas a autónomos, e a contratación da nova empresa para rematar o Plan Xeral.
Nos dous casos, a situación está en trámites aínda. As axudas seguen ser definirse e o hai unha empresa en trámites de ocuparse do Plan Xeral "pero nada en firme", explica a concelleira solialista Rosa Morán.
Outro dous temas que se levan continuamente a Pleno é o estado no que se atopan as traballadoras do servizo de Axuda no Fogar. "Preocúpanos que a atención aos maiores sexa correcta e que se cumpra así mesmo o convenio dos traballadores xa que a empresa que se fixo cargo do servizo fixo unha baixa temeraria e non queremos que eso inflúa na xestión do servizo", insistiu. Ademais, engadiu que o alcalde asegurou no Pleno que se está a cumplir.
Recordou o PSOE que aínda non se executou a subvención concedida para arranxar a contorna da lagoa e no miradoiro e que tampouco se executou o amaño de pistas que están en moi mal estado. "Dixo que en breve comezarían", afirma a socialista.
Na sesión aprobáronse tamén as contas xerais, nas que se abstivo o PSOE "porque hai moitos traspasos de partidas e resultan confusas".