Aprobada a proposta para a xestión directa dos parques de bombeiros por parte da Deputación

TerraChaXa | AMariñaXa
O Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou por unanimidade as propostas que levou o presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio de Bombeiros, Darío Campos Conde, para iniciar a partires do 1 de maio a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros, que é cando rematan os contratos das empresas que actualmente se ocupan da mesma.
bombeiros deputacion
18 Feb 2019

O Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou por unanimidade as propostas que levou o presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio de Bombeiros, Darío Campos Conde, para iniciar a partires do 1 de maio a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros, que é cando rematan os contratos das empresas que actualmente se ocupan da mesma.
O modelo de xestión proposto por Campos Conde supón un aforro de 260.000 euros ao ano, a subrogación dos 117 profesionais que ofrecen este servizo e a mellora das súas condicións laborais. Por exemplo, pasarán a ser considerados como profesionais de actividades de risco.
Son 75 bombeiros, 36 cabos e 6 xefes de parque que, tal e como reivindicaban estes profesionais e como se comprometeu Campos Conde, pasarán a ser persoal laboral dos parques que forman parte do Consorcio Provincial de Bombeiros: Viveiro, Vilalba, Barreiros, Monforte de Lemos, Sarria e Chantada.
Esta medida engádese á equiparación salarial, que sempre defendeu Campos Conde, e que se conseguiu no mes de xuño, supoñendo que os 117 traballadores dos parques de bombeiros da provincia de Lugo por fin cobren exactamente o mesmo que o resto dos seus compañeiros en Galicia.
Ditas propostas baseáronse en informes xurídicos e económicos realizados pola Deputación de Lugo, que garanten a viabilidade da xestión pública dos parques de bombeiros.
O cambio no modelo de xestión dos parques de bombeiros é unha proposta feita polos Presidente das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra á Xunta de Galicia xa no 2016. Fixérono nunha reunión na que tamén participou a Deputación de Ourense. Naquel momento, Baltar opúxose ao cambio de xestión e a Xunta mantívose ao marxe, tal e como dixo publicamente o Conselleiro de Presidencia, deixando aos organismos provinciais avanzar na súa proposta en solitario.   


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17555403709412