Aprobadas as bases para pedir as axudas por nacemento de Xermade

TerraChaXa
O Concello de Xermade aprobou as bases para a convocatoria das axudas a familias para nacementos, adopcións e acollementos.
salon de plenos de xermade
14 Xuño 2021

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou as bases para a convocatoria das axudas a familias para nacementos, adopcións e acollementos.

Como en anos anteriores, estas axudas teñen unha contía de 900 euros por familia, ata cubrir o crédito máximo que pon o Concello que é de 7.200 euros.

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nas presentes bases os proxenitores de fillos/as nados/as do 1 de decembro de 2020 ao 30 de novembro do ano 2021, sempre que conste acreditado o empadroamento dun destes no Concello dende o 1 de xaneiro de 2020.

O prazo para solicitarse abrirase en canto sexan publicadas no Boletín Oficial da Provincia. Este estará aberto ata o 30 de novembro de 2021. Deberan presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Xermade de 9:00h a 14:00h.

Outorgaranse as axudas por orde de data de nacemento, adopción ou acollemento, ata esgotar o crédito previsto na partida correspondente.

0.12567591667175