Aprobado o orzamento para o ano 2023 do Consorcio Provincial de Bombeiros

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Aprobado o Orzamento para o ano 2023 do Consorcio Provincial de Bombeiros da provincia de Lugo con 5,6 millóns de euros.
PLENO CONSORCIO BOMBEIROS DEPUTACION
3 Out 2022

O presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu o Pleno desta entidade no que se aprobou un Orzamento de 5,6 millóns de euros para o ano 2023. A Deputación achega o 50% do presuposto.

Estes orzamentos garanten o funcionamento dos seis parques do Consorcio –Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro-, que contan con 20 efectivos cada un.

Dos 5.650.023,19 millóns de euros que contempla o Orzamento do 2023, un total de 4,5 están destinados a facer fronte aos salarios dos traballadores e traballadoras, 987.000 euros a gastos correntes, preto de 90.000 ao fondo de continxencia e 57.000 a investimentos.

Polo que respecta aos ingresos, proveñen das achegas da Deputación e da Xunta de Galicia a partes iguais e de UNESPA (Asociación Empresarial del Seguro).

0.18336296081543