Árbol abre un novo prazo para sumarse á asociación ou participar nas actividades en marcha

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol iniciou o ano cun cambio na súa directiva e mantén aberto o prazo para renovar o carné ou incorporarse como socio por primeira vez. Esta campaña permite seguir fortalecendo o proxecto da entidade e participar activamente nas iniciativas culturais e deportivas que se desenvolven ao longo do ano.
Xunto coa renovación e alta de socios, a asociación continúa cos cursos e talleres que xa están en funcionamento. A programación inclúe clases de zumba, que se celebran os luns ás 22:00 horas; ximnasia específica para maiores, os mércores ás 11:30 horas; e o curso de costura, calceta e ganchillo, tamén os mércores ás 17:30 horas. A Escola de Música Tradicional ten lugar os mércores a partir das 20:30 horas, mentres que o taller de memoria se desenvolve os venres ás 16:00 horas. Completa a oferta a Escola de Teatro, que se imparte os venres ás 21:30 horas.
Desde a asociación animan á veciñanza a sumarse ás actividades e a formar parte dunha entidade que promove o lecer, a cultura e a convivencia. As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición contactando con Patricia (680 442 531) ou Tamara (627 395 122).
O prazo para facerse socio ou renovar o carné permanecerá aberto ata o 31 de xaneiro.
CAMPIONATO DE TUTE
Este mes tivo lugar a décimo quinta edición do Campionato de Tute da localidade, organizado pola asociación veciñal na Escola do Santo. O título de campioas foi para Sara e Maruja, seguidas de Ana Mar e Lito. Os primeiros da repesca foron Tito e Miguel mentres que os segundos da repesca foron Hipólito e Charlie.