Árbol contará co seu magosto este sábado e a asemblea de socios

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza a duodécima edición do seu magosto este sábado 8 de novembro, a partir das 17:30 horas, na Escola do Santo. Durante o evento, ademais de celebrar a tradicional festa de outono con castañas, chourizos e liscos, terá lugar a Asemblea Xeral de Socios e a renovación de cotas para os membros da asociación.
O magosto conta co apoio do Concello de Vilalba e promete unha tarde de diversión e boa comida para veciños e visitantes, na que se tratará o informe de contas das actividades, os orzamentos e a renovación da directiva.