Arcillá celebra as festas na honra a San Roque
A localidade de Arcillá, en Cospeito, acolle as festas na honra a San Roque esta fin de semana, en colaboración con Sisoi, Bestar e Ponte Vilar.
As celebracións arrancarán coa misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión. A orquestra Principal será a encargada de amenizar a sesión vermú e a verbena. Nesta última haberá fogos de artificio e o sorteo dunha televisión e un lote de produtos gastronómicos.
O domingo haberá de novo oficio relixioso e a a sesión vermú de fin de festa estará a cargo do grupo Fénix. Contará con empanada e boliños preñados.
Ademais, o sábado 26 haberá un xantar veciñal, que estará precedido de misa, ás 13.30 e dunha sesión vermú co trío Merengue. Tamén haberá sesión de tarde con Quinteto 555 tamén. Completarán a xornada cunha cea veciñal.
As festas serán baixo carpa.