Arde a leña dun alpendre en Friol
TerraChaXa
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) recibía sobre as cinco desta madrugada a chamada dun particular que informaba dun incendio nun alpendre da súa propiedade na Reigosa, na Avenida da Coruña, Friol.
7 Dec 2017

A partir de aí, o 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Vilalba que axiña se desprazaron ao punto. Tamén, a Garda Civil, os membros do GES de Guitiriz e os efectivos de Protección Civil foron informados polo persoal do 112.
Os membros de extinción comunicaron que tras chegar ao lugar, o lume xa fora sufocado. Ardeu, unicamente, leña almacenada no alpendre sen afectar a nada máis.