Area será o nome da Rede de Empresarias autónomas das Pontes

TerraChaXa
AREA foi o nome escollido polas máis de corenta mulleres que lideran proxectos empresariais nas Pontes da Rede de Autónomas e Empresarias.
asociacion proxectos empresariais area as pontes
4 Jun 2023

AREA foi o nome escollido polas máis de corenta mulleres que lideran proxectos empresariais nas Pontes e que se reuniron para crear a Rede de Autónomas e Empresarias.

O nome fai referencia ao que cada unha delas aporta coa súa experiencia para enriquecer a rede, como se dun grao de area se tratase, e de que entre todas poden levar a cabo un proxecto máis grande e conseguir grandes resultados, formando unha montaña para consolidar este ilusiónante proxecto.

Nesta ocasión, empezaron coa ronda de presentación de proxectos para coñecerse mellor e promocionar a súas actividades e así nun futuro poder establecer sinerxías entre elas.

Esta iniciativa nace da colaboración entre a Asociación de Empresarios Seara, Asociación Euroeume Cohempo- Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Pontesese o Concello das Pontes co obxectivo de axudar ás autónomas e empresarias a desenvolver a súa actividade empresarial.

Coa concepción clara de que as autónomas e empresarias son o corazón deste proxecto, e que o traballo para realizar vai ir encamiñado a cubrir as súas necesidades, créase unha rede que aglutinará a proxectos empresariais liderados por mulleres de todos os sectores de actividade.

0.17616987228394