Armando Castosa, reelixido presidente do PP de Cospeito

TerraChaXa
Armando Castosa, reelixido presidente do PP de Cospeito por aclamación no congreso da formación que contou con Balseiro e Nodal
partido popular cospeito
4 Dec 2022

O PP de Cospeito reelixiu a Armando Castosa como presidente da agrupación local durante o congreso que a formación celebrou este venres coa participación dos afiliados e ao que tamén asistiu o secretario xeral do PP da provincia de Lugo, Javier Vázquez Nodal; o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; os deputados provinciais e alcaldes de Castro de Rei e Outeiro de Rei, Francisco Balado e José Pardo Lombao, respectivamente; o presidente da xestora do PP de Guitiriz, José Manuel López Rodríguez ‘Portolamas’; e o secretario xeral do PP de Muras, Julio Díaz.

Formarán parte da directiva local do PP que encabeza o alcalde popular outras 19 persoas: María José Paredes Yáñez, Fernando Carreiras González, Iván Méndez Flores, Natividad Miguélez Castro, José María Varela Díaz, María Elena Veiga Castro, María Teresa Paredes Rábade, Ana Iglesias González, Néstor López Álvarez, Rocío García Corbelle, Esther Engroba García, Pedro Fernández Cabana, Celso Del Valle Sanmartiño, Juan Manuel López Labrada, Antonio López Blanco, Brais Cruña Pardiño, Eva Teijeiro Corral, José Veiga Fernández e Ana Cabana Anllo.

Trátase dunha “directiva ampla” que “conxuga experiencia e renovación”. A directiva do PP de Cospeito aprobada no congreso está integrada por “homes e mulleres con experiencia” tanto á fronte do partido coma experiencia na xestión; xa que algúns son concelleiros no actual mandato ou en mandatos anteriores. Pero  tamén inclúe certa renovación coa incorporación de xente nova.

Castosa, que agradeceu o apoio recibido no conclave local, definiu aos compañeiros como “un equipo capaz e comprometido co partido e co noso municipio”. De feito, representan “aos distintos puntos xeográficos do termo municipal de Cospeito”.

O reelixido presidente da agrupación local márcase como obxectivo “seguir traballando para ampliar a base do partido e para medrar representando as distintas sensibilidades da sociedade”.

De forma máis inmediata, o PP local comprometeuse a “traballar dende a humildade para revalidar a maioría absoluta e continuar a gobernar no municipio. Queremos ampliar o apoio ao noso proxecto político”, expuxo Castosa.

A directiva provincial, pola súa banda, agradeceu aos afiliados o seu compromiso co Partido Popular e tamén aos veciños e veciñas de Cospeito que, “en cada cita coas urnas, trasladan un importante caudal de apoio á nosa formación que se mantén como a forza política máis votada con ampla maioría no municipio”.

0.18137097358704