Arneiro está de festas

TerraChaXa
A localidade cospeitesa de Arneiro celebra esta fin de semana as festas patronais na honra a Nosa Señora da Cabeza e San Isidro Labrador.
festas arneiro cospeito portada
19 Ago 2022

A localidade cospeitesa de Arneiro celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a Nosa Señora da Cabeza e San Isidro Labrador e que arrancará cunha churrascada popular esta esta noite de venres amenizada polo dúo Os Adrianos.

O sábado continuarán os festexos cunha misa solemne ás 13.30 horas seguida da procesión e da habitual sesión vermú, que estará ao cargo do grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto ao trío D'Nika.

O domingo só haberá sesión vermú, co trío Orquidea, que actuará despois da misa solemne das 13.30 horas e da procesión.

festas arneiro cospeito
0.23237895965576