Arranca a tempada estival no Club Fluvial de Begonte coa apertura do bar cunha festa

O Club Fluvial de Begonte arranca a tempada estival coa inauguración oficial do seu novo bar, situado na rúa Río Ladra s/n. Será hoxe, venres, partir das 19:00 horas, os asistentes poderán desfrutar dunha gran churrascada totalmente gratuíta, ademais de pinchos variados para todos os gustos.
Como colofón á festa, está prevista a actuación musical de Carlos Cereijo, coñecido por ser finalista do programa A Liga dos Cantantes Extraordinarios. A velada promete ser un encontro animado para socios, veciñanza e visitantes, cun ambiente festivo e gastronómico á beira do río que dá o pistolezo de saída á tempada estival neste centro de recreo do concello.