Arranca en Castro de Rei o primeiro Certame de Teatro Afeccionado

TerraChaXa | LugoXa
En conmemoración do 50 aniversario do grupo teatral Os Baluros celébrase en Castro de Rei o primeiro certame de teatro afeccionado.
Teatro Castro de Rei os Baluros Portada
29 Xul 2022

En conmemoración do 50 aniversario da creación do grupo teatral Os Baluros celébrase en Castro de Rei o primeiro Certame de Teatro Afeccionado que arranca mañá. As representacións terán lugar os sábados ás 20:30 no centro cultural Xosé Manuel Carballo.

O certame dará comenzo o sábado 30 de xullo ás 20:00 cunha presentación a cargo de Xudio Xiz para continuar ás 20:30 coa representación de A análise de sangue e Vivir dignamente no rural a cargo de grupo de teatro Abrente. As representacións continuarán o día 6 de agosto con Sainetes do grupo de teatro Quemaisten, o día 13 con O Randiña do grupo O Torques e o 20 de agosto con El crédito a cargo do grupo Remocicarte.

Para clausurar o certame o grupo Os Baluros representarán a obra O menciñeiro á forza o sábado 27 de agosto. En todas as representacións a entrada será libre ata completar o aforo.

O longo de todo o certame o centro cultural Xose Manuel Carballo contará tamén coa exposición de debuxo e fotografía Instantes dos autores Carmen Cabaneiro e Juanjo de la Comba. Toda a recadación da mesma destinarase a Asociación Asistencial Protectora de Animais de Foz.

0.11107921600342