Arranca este domingo a IV edición da Quedada Lagoa de Cospeito

TerraChaXa
O BTT Lagoa de Cospeito celebrará o 12 de xuño a cuarta edición da súa quedada anual, cita que non se puido celebrar os pasados dous anos.
quedada lagoa cospeito btt
10 Xuño 2022

O grupo BTT Lagoa de Cospeito celebrará este domingo 12 de xuño a cuarta edición da súa quedada anual, cita que non se puido celebrar os pasados dous anos debido á pandemia do coronavirus.

Quedou mal sabor de boca non poder celebralo xa que as primeiras edicións tiveron unha gran aceptación por parte dos deportistas, que fixeron un percorrido por carballeiras e camiños de varias parroquias do concello, incluindo tamén sendeiros pola beira do río Támoga.

A recollida de dorsais será no pavillón municipal entre as 8.15 e as 8.45 e a saída darase no Mirador da Terra Chá ás 9:00.

Haberá dúas rutas de percorrido, unha de 50 quilómetros con 900 metros de desnivel e outra de 40 con 700 de desnivel, ambas as dúas de dificultade media-baixa.

No km 24, haberá un avituallamento, onde tamén se divide entre a ruta longa e a curta. A partir das 12:00 todos os participantes que non teñan pasado por este punto deben optar pola versión curta. A ruta curta ten 10 km menos (suprímese o tramo entre o km 24 e o 34) no avituallamiento no km 24 divídense ambas opcións.

Según vaian chegando os participantes haberá tamén habilitada unha zona de lavado de bicis no pavillón municipal. Neste mesmo punto están os vestuarios e duchas.

A comida terá lugar no local da antiga Cámara Agraria ás 15.00 horas.

Pódese consultar o percorrido no seguinte enlace.

0.14129900932312