Arranca este xoves o cinefórum da Biblioteca das Pontes

TerraChaXa
O calendario de proxeccións comezará coa proxección de 'La biblioteca de los libros rechazados' ás 20.30 horas
cineforum-as-pontes
8 Apr 2026

O Concello das Pontes organiza un novo ciclo de cinefórum durante o mes de abril, que inclúe catro proxeccións cheas de intriga, misterio e boas historias. A actividade permitirá aos asistentes gozar do cinema e compartir impresións ao remate de cada sesión.

O calendario de proxeccións é o seguinte: o 9 de abril proxectarase La biblioteca de los libros rechazados; o 16 de abril, La chica del tren; o 23 de abril, El guardián invisible; e o 30 de abril, La niebla y la doncella. Todas as sesións comezarán ás 20:30 horas na Casa Dopeso.

A actividade está aberta ao público en xeral, sen necesidade de inscrición previa, e representa unha oportunidade para gozar do cinema en compañía e debater sobre cada filme proxectado.

0.12049388885498