Arranca nas Pontes a tempada de carreiras do VF Challenge Moto Race
Este sábado, 9 de marzo, dará comezo nas Pontes a tempada do VF Challenge MR nas modalidades de supermoto, minivelocidade, pitmotard, GP Sport e Supermoto. A cita estaba prevista nun primeiro momento para o día 2 pero foi modificada.
Así, este sábado será a vez dos test de pretempada, que teñen subliñada a primeira carreira oficial para a fin de semana do 6 e 7 de abril, en Outeiro de Rei. Este mes circuíto acollerá outra carreira o 20 e 21 de xullo. Pola súa banda, o circuíto pontés ten cita no calendario o 27 de xullo co GP Solo PIT e o 7 e 8 de setembro.
O circuíto da Madalena, en Forcarei acollerá probas os 8 e. 9 de xuño e o 19 e 20 de outubro, a última, na que tamén se celebrará o Gran Premio de Resistencia. Queda por determinar o circuíto no que se fará a carreira do 4 e 5 de maio.
Aa probas son puntuables para o Campionato Galego de Minivelocidade.