Arranca o luns o Viopen Indoor Vilalba para os afeccionados ao pádel

O VI Open Indoor Vilalba chega cargado de emocións, reunindo xogadores e afeccionados ao pádel entre os días 9 e 14 de decembro. Esta sexta edición terá lugar nas instalacións de Indoor Vilalba e contará con sete categorías: catro masculinas, dúas femininas e unha mixta.
Os interesados en inscribirse deben facelo a través dos teléfonos 616 09 36 52 (Borja) ou 604 02 99 21 (Indoor), ou ben a través da páxina web oficial de competicións, mistorneosonline.es.
A cota de inscrición varía segundo a categoría: 20 euros para a 1ª, 25 para a 2ª e 30 para a 3ª e 4ª. Os participantes recibirán un agasallo de benvida ao comezo do torneo.
Os premios valóranse en puntos: 120 puntos para os campións e 60 para os subcampións da 1ª categoría feminina, masculina e mixta; 90 puntos para os campións das 2ª, 3ª e 4ª categorías, e 50 puntos para os subcampións.
Como broche final, o sábado 14 ás 21:00 horas celebrarase un churrasco para despedir a competición cun ambiente festivo. Este evento conta co apoio de numerosos patrocinadores locais e promete ser unha das citas deportivas máis destacadas do Nadal en Vilalba.