Arranca o Parga Rock cun pasatabernas e moita música

TerraChaXa
Este venres e sábado volverán sonar as guitarras e a música rock da man de grupos de recoñecido prestixio
parga-rock-cartel-2024
6 sep 2024

Fiel á súa cita coa música rockeira, Parga reunirá este ano oito grupos de música no PargaRock, o festival de balde que abre a programación de setembro nesta vila de Guitiriz.

Este venres e sábado volverán sonar as guitarras e a música rock da man de grupos de recoñecido prestixio.

A organización xa ten lista a programación, que arrancará cos pasatabernas ás 20.00 horas seguido do concerto de Demenzia Sozial, neste caso, ás 22.30 horas.

Esta mesma noite de venres actuará Cowboys From Jam á medianoite e pechará a xornada DJ Sonora Balkumbiera.

O sábado volverá a sesión vermú, que estará cargo de Lelly Kellys, ás 14.00 horas para dar inicio ao III aberto de billarda, que se desenvolverá no CIT.

Haberá, de novo, un espazo os máis pequenos dentro da + programación. Os encargados de tal mester serán este ano Trécola Producións, que presentarán un espectáculo titulado Títeres Subversivos, ás 18.30 horas.

Abrirá quenda de concertos Liviao de Marrao, ás 20.30 horas, aos que seguirán Twisted Rose, ás 21.45 horas; Ángelus Apatrida, ás 23.20; The Wizards, ás 1.25, para pechar con Metallijam a partir das 2.45 horas. O tempo intermedio entre concertos estará animado por DJ Sonora Balkumbiera.

A organización confirmou que haberá zona de acampada libre para as dúas noites do festival.

0.17751812934875