Arranca o programa de Nadal en Cospeito

TerraChaXa
O tradicional concerto de Asubíos da Chaira inaugurou a programación de Nadal do Concello de Cospeito, que se prolongará ata o 7
15 Dec 2023

O tradicional concerto de Asubiíños da Chaira inaugura hoxe a programación de Nadal do Concello de Cospeito, que se abriu oficialmente onte co acendido do alumeado e da casa de Papá Noel, ás 20.00 horas.

O concerto de Nadal de Asubiíños será ás 20.00 horas, na casa da cultura da Feira do Monte e ten un carácter solidario. A reporteira Coty Lamela presentará a iniciativa na que actuarán, ademais dos Asubíos, Xisco Feijoó, que será o cabeza de cartel desta edición. Dende Vigo chega A Roda.

Tamén forman parte do cartel a banda de pop galego Plan Siberia, o cuarteto Beteluma e o grupo Astarot. O donativo é de 5 euros e todo o recadado estará destinado á Fundación Meniños.

O sábado 16 terá lugar a presentación dos libros do V Certame Torre de Caldaloba, acto que se celebrará no Museo das Aves a partir das 17.00 horas.

Os actos de Nadal continuarán o 23 de decembro, sábado coa visita de Papá Noel, que estará ás 18.30 horas na casa da cultura da Feira do Monte.

Tralo día de Nadal, o mércores 27 e o xoves 28 están previstos uns obradoiros infantís entre as 10.00 e as 13.00 horas para nenos de 3 a 12 anos. O primeiro día será na Feira do Monte e o segundo en Muimenta.

Rematarán o ano cun bingo, de novo na Feia do Monte, a partir das 18.00 horas do día 29.

A programación reforzarase en xaneiro coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, que percorrerán o termo municipal dende as 17.30 horas, con saída do pavillón municipal da Feira do Monte e con visita tamén ao centro de día de Valverde.

Tamén haberá inchables e chocolate con churros. Non faltarán os tradicionais agasallos.

O programa chegará ao seu fin o día 13 co Festival de Nadal de Corais, na casa da cultura da Feira do Monte ás 20.30 horas.

0.16674399375916