Arranca o servizo de recollida de materia orgánica en Vilalba
Xa está en marcha o servizo de recollida de materia orgánica nas rúas vilalbesas. O primeiro paso foi completar a implantación de contedores e agora xa comezaron coa recollida.
Os que desexen sumarse a este proxecto teñen que recoller a chave na Casa do Concello que permitirá abrir os colectores e que será unha por domicilio.
En concreto son nove os colectores instalados e están localizados na avenida da Terra Chá (números 82 e 15-17), na rúa de Galicia (33 e 11), praza do Coronel Pena, rúa da Pravia (35), rúa Campo de Puente (1 e 24) e rúa Plácido Peña (37).
Con esta iniciativa preténdese separar os residuos orgánicos súas casas para logo botalos ao colector correspondente e así contribuír ao coidado do medioambiente e a unha reciclaxe máis comprometida e eficiente.