Arranca o xoves unha nova edición do concurso Saborea As Pontes

TerraChaXa
As Pontes celebrará, a partir do xoves, unha nova edición do concurso de tapas Saborea As Pontes, organizado polo Concello, a través da Concellería de Promoción Económica.
saborea as pontes
30 Oct 2023

As Pontes celebrará, a partir do xoves, unha nova edición do concurso de tapas Saborea As Pontes, organizado polo Concello, a través da Concellería de Promoción Económica.

Esta cita gastronómica, na que participan 15 establecementos hostaleiros das Pontes, busca dinamizar e impulsar un sector de grande importancia na economía da vila ao tempo que ofrece a posibilidade de coñecer o seu bo facer e creacións culinarias nas que cobran protagonismo os produtos do sector primario pontés, de alto valor engadido.

Os establecementos que participan nesta cita son O Colador, Cafetería-Cervecería Venus, Bar Chaplin, A Taberna de Pancho, Hotel Pontes do Eume, Mesón A Lareira, Segunda Cueva, Café-Bar Trastoy 3, Medulio, Mesón de Pepe, DelaPiccola As Pontes, Vinoteca Restaurante Hume, A Caseta do Parque, Bar Jardín e Mama Cakes.

Ente as propostas, veciñanza e persoas visitantes poderán atopar petiscos elaborados con chourizo, queixo, carne de porco, pataca, produtos de tempada, elaboracións innovadoras, pequenas mostras da gastronomía internacional.

As tapas poderán desgustarse de xoves a domingo, do 2 de novembro ao 5 de novembro e do 9 de novembro ao 12 de novembro. Os xoves as tapas serviranse de 19:30 a 23:00 horas mentres que os venres, sábados e domingos ampliarase o horario para ofrecer tamén as degustacións en horario matutino, de 12:00 a 15:00 horas e durante as tardes de 19:30 a 23.00 horas. O prezo das tapas será de 2,50 euros.

PREMIOS

Saborea As Pontes repartirá dous premios entre todas as tapas do concurso. Unha Comisión de Valoración Oficial será a encargada de elixir a mellora tapa pontesa mentres que o xurado popular, a través do seu voto, escollerá a tapa pontesa máis valorada polo público.

Ademais, repartiranse 9 premios, de 200 euros cada uno, entre todas aquelas persoas que cubran os boletos do concurso de tapas que poderán trocarse no comercio e hostalaría local.

Elena López invita á veciñanza e visitantes a participar neste certame, a degustar as tapas, a saír á rúa e a gozar desta nova edición e seguir contribuíndo de forma activa e en primeira persoa á boa marcha dun dos sectores económicos esenciais na nosa vila.

0.12299919128418