Arranca unha nova edición dos almorzos saudables en Outeiro de Rei, que serán unha vez ao mes

LugoXa | TerraChaXa
O obxectivo destes almorzos saudables é que os estudantes consoliden prácticas axeitadas nas primeiras etapas da vida, tanto no ámbito alimentario como en todos os aspectos do seu autocoidado
desauino-saudable-outeiro-de-rei-almorzo
12 Mar 2026

Alumnado de 6º de Primaria do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei participou este mércores no primeiro almorzo saudable deste ano, organizado polo Concello en relación ao acordado na Rede de Saúde Local, co fin de promover bos hábitos alimentarios entre os nenos e nenas.

Nos almorzos ofrécense alimentos de proximidade e saudables entre os que figuran figuran leite, iogures, froita, pan, aceite, queixos, mel, marmeladas, galletas ou cacao. Terán lugar unha vez ao mes, os mércores, e en cada ocasións desfrutará deles un curso.

O obxectivo destes almorzos saudables é que os estudantes consoliden prácticas axeitadas nas primeiras etapas da vida, tanto no ámbito alimentario como en todos os aspectos do seu autocoidado.

Nesta primeira sesión estiveron presentes docentes do colexio, a primeira tenente alcalde, Begoña Seco Varela e o alcalde, José Pardo Lombao.

0.13773202896118