Arrancan as festas de Carballido, en Vilalba

A parroquia de Carballido, en Vilalba, celebrará a fin de semana as súas tradicionais festas na honra á Virxe dos Remedios.
O programa comezará o sábado cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo M3 Show. Xa pola noite, a festa continuará cunha gran verbena que contará coa actuación do propio grupo M3 Show e da orquestra Olympus.
O domingo, día 21, repetirase o esquema da xornada anterior con misa solemne ás 13:30 horas e procesión. Despois chegará a sesión vermú e, pola noite, a verbena co grupo Los Adrianos, que poñerá o broche final ás celebracións.
A comisión de festas agradece a colaboración das empresas e entidades locais, así como o apoio do Concello de Vilalba, que fan posible un ano máis esta cita festiva tan agardada na parroquia.